Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As mulleres da contorna compostelá melloran coas TIC a súa empregabilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As mulleres da contorna compostelá melloran coas TIC a súa empregabilidade

Redacción
Publicado: 08/02/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

santiago_e-com_emprego_concelleira.jpgO Concello de Santiago está a impulsar no edificio Cersia o programa integrado de emprego Santiago E-Com, que se celebra ata o mes de outubro con 100 mulleres do municipio. Está dirixido á mellora da empregabilidade e a inserción laboral a través do desenvolvemento dun itinerario que abrangue distintas accións, poñendo o foco en cuestións tan relevantes para concorrer no mercado de traballo como o adestramento e novas ferramentas dixitais. Onte o obradoiro foi visitado pola concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.
As mulleres participantes recibirán información, orientación e asesoramento, ao mesmo tempo que mellorarán as súas habilidades sociolaborais e recibirán formación en novas tecnoloxías e idiomas. Amais, o programa inclúe talleres sobre mobilidade laboral que proporcionarán información dos recursos dispoñibles no territorio da Unión Europea.
santiago_e-com_emprego_cersia.jpgAo abeiro do programa levaranse a cabo dous tipos de formación: obradoiros de competencias transversais, tanto informativas como idiomáticas, informáticas e de inserción; e cursos de cualificación profesional centrada nos sectores comerciais, hostaleiros e se servizos turísticos. Neste caso desenvolverase a través dos seguintes itinerarios formativos: mercadotecnia e comercio internacional, recepción en aloxamentos, confección de páxinas web e actividades auxiliares de almacén.
Segundo informa o Concello, “para facilitar os procesos de ensino-aprendizaxe e a actividade técnica, incorpórase de xeito significativo a utilización das novas tecnoloxías, especialmente mediante a utilización dun aplicativo específico para a xestión das accións recollidas no programa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?