Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado do Servizo de Audiovisuais de Lugo adéstrase en emisións streaming no campionato de baristas de Foz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado do Servizo de Audiovisuais de Lugo adéstrase en emisións streaming no campionato de baristas de Foz

Redacción
Publicado: 11/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_baristas_foz.jpgA Deputación de Lugo vai dar un novo paso para formar á mocidade na creación e distribución de contidos audiovisuais e dixitais. E farao esta mesma semana, entre o 13 e o 15 de febreiro, a través do Servizo de Audiovisuais da Deputación e no marco do XII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, o VII Campionato Internacional de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería e o VII Campionato Internacional de Baristas Profesionais que organiza o IES de Foz. O devandito Servizo de Audiovisuais, co seu alumnado e co seu corpo docente profesional, será o encargado de retransmitir en directo os ditos eventos entre os días 13 e 15 de febreiro.
Así o deu a coñecer hoxe o presidente provincial, Darío Campos Conde, no acto de presentación destas xornadas coas que colabora a entidade lucense, no que concreto que serán os estudantes de realización, baixo a supervisión de docentes e técnicos, os encargados do streaming. Esta actividade, apunta, constata o mantemento da “frutífera colaboración” mantida durante dez anos entre a Fundación TIC da Deputación, precedente do Servizo de Audiovisuais, e o instituto mariñán.
Durante a presentación, Campos Conde estivo acompañado polo director do IES de Foz, Nicolás Asensio, o profesor Marcos Santamaría e os alumnos José Miguel Bodenlle e Francisco José García, que representarán ao centro focense nos Campionatos Internacionais de Baristas e de Catas de Cafés de Escolas de Hostalaría.
Darío Campos salientou que “a colaboración vai máis aló do ámbito formativo, xa que grazas a esta emisión, daremos proxección nacional e internacional tanto ao concello de Foz como ás competicións”. Tamén destacou que este ano participan 13 escolas de Hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Castela e León, e 14 profesionais de gran nivel, algúns deles saídos do centro de Foz.
Como dixemos ao principio, a emisión en directo das ditas probas servirá como escenario de prácticas reais para as alumnas e alumnos de segundo de Realización, que empregarán catro cámaras e rotarán por todos os postos necesarios para unha retransmisión por streaming: operador de cámara, mesa de son, grafismo, fotografía, axudante de realización e realización. A idea da Deputación e do seu Servizos de Audiovisuais e proporcionarlles unha contorna que reproduza, punto por punto, todos os desafíos aos que van ter que enfrontarse cando asuman un posto profesional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?