Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os segredos e posibilidades de WordPress, ao detalle no Campus de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os segredos e posibilidades de WordPress, ao detalle no Campus de Pontevedra

Redacción
Publicado: 11/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_wordpress_casa_campas_curso_pontevedra.jpgWordPress é a tecnoloxía que alicerza hoxe en día unha terceira parte da Rede. Tendo en conta isto, as súas moitas utilidades e posibilidades e o feito de ser aberto e de balde e adaptable a múltiples proxectos, o Campus de Pontevedra, a través da Vicerreitoría, está a organizar dende a semana pasada o curso Creación de páxinas web e posicionamento con WordPress, dirixido polo profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Martínez Rolán e impartido polos expertos en desenvolvemento e posicionamento Juan Hernando e Wajari Velásquez, membros da comunidade WordPress de Pontevedra.
O obradoiro, que se desenvolve nos meses de febreiro e marzo na Aula Tecnolóxica da Vicerreitoría (Casa das Campás), ten como obxectivo “que os alumnos e alumnas desenvolvan a súa propia páxina web facendo uso dos múltiples recursos dos que dispón un sistema empregado”, lembra Rolán, engadindo que “tanto para facer un blog como para webs con medio millóns de visitas ao mes, como a da revista Time”.
Segundo destaca Martínez, unha das grandes bazas de WordPress reside no seu ecosistema de desenvolvedores”, e o importante traballo que teñen realizado para poñer ao noso alcance milleiros de aplicacións, boa parte delas de balde, que nos permiten facer cousas como crear tendas en liña, motores de reservas ou repositorios de documentos.
A finalidade do curso é que o alumnado poida, partindo de cero, desenvolver o seu propio proxecto con WordPress e avanzar con el “ata onde sexa quen de chegar” ao longo das 30 horas deste obradoiro.
O inicio do taller, celebrado a semana pasada, centrouse en achegar unha serie de nocións sobre como funciona internet, que é como funciona WordPress.
Desenvolvedor web especializado en WordPress e en comercio electrónico, Juan Hernando abordará neste taller, que emprega a versión liberada WordPress.org, o proceso de instalación deste sistema nun servidor, así como o seu funcionamento, as posibilidades de instalar e modificar aparencias gráficas ou a incorporación de plugins que doten o espazo de novas funcionalidades. Pola súa banda, Wajari Velásquez, consultor SEO e experto en mercadotecnia dixital, será o responsable de fornecer ao alumnado de recursos para escoller palabras claves e optimizar un WordPress para lograr unha mellor posición do espazo en buscadores.
O obradoiro, que celebra a súa primeira edición na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás, tivo unha boa acollida, cubrindo ás súas 15 prazas e reunindo tanto a alumnado e profesorado do campus, estudantes do Programa Universitario para Maiores ou persoas alleas da comunidade universitaria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?