Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Analizan o papel do ciberdereito nunha sesión de networking organizada polo CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Analizan o papel do ciberdereito nunha sesión de networking organizada polo CPEIG

Redacción
Publicado: 12/02/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fernando-suarez_-presidente-cpeig_-e-jose-julio-fernandez.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) puxo en marcha hoxe o proxecto de eventos tres14.pm, unha iniciativa que nace coa idea de xerar un espazo de coñecemento, formación e networking entre persoas colexiadas e alguén relevante para a profesión.
Esta primeira edición celebrouse na Casa de Europa en Santiago de Compostela. O persoeiro invitado foi o delegado de Protección de Datos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG), José Julio Fernández Rodríguez.
colexiados-asistentes-a-sesion.jpgNa sesión, desenvolveu ideas globais sobre o achegamento do dereito e o mundo dixital, asegurando que nun futuro non moi lonxe só haberá ciberdereito. O tamén profesor de Dereito Constitucional da USC explicou que neste contexto os dereitos fundamentais están xa sometidos a novos retos neste mundo dixital, como é o caso da privacidade ou a a protección de datos.
Ademais, o experto indicou que as tecnoloxías disruptivas, como a robótica ou a intelixencia artificial, son un perigo para o ciberdereito. Neste punto, sinalou que actualmente o Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea de 2016 e a Lei Orgánica de Protección de Datos de 2018 xa non contempla certos aspectos, pois o avance deste mundo dixital é máis veloz que o labor do lexislador. «No 2050 o dereito permitiranos casar con robots humanoides», asegurou José Julio Fernández.
jose-julio-fernandez-na-sesion.jpgNa súa función como Valedor do Pobo de Galicia entre 2007 e 2015, José Julio Fernández indicou que, aínda contando con liñas específicas de formación dixital para combater o ciberacoso en menores, o problema xorde polo analfabetismo dixital dos pais. «A socialización actual dos menores é moi complicada, porque comprende o ámbito educativo, o social, o familiar ademais do cieberespazo onde é máis difícil realizar esta supervisión dixital», manifestou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?