Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dinahosting facilita a nosa andaina online cun febreiro de promocións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dinahosting facilita a nosa andaina online cun febreiro de promocións

Redacción
Publicado: 12/02/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dinahosting3.jpgDinahosting, a empresa compostelá especializada en dominios de Internet e servizos de hospedaxe web, está a depararnos un mes de febreiro ateigado de promocións e de ferramentas ao alcance da nosa man para levarmos a cabo a xestión total do noso dominio (cousas como redirección web, correo web, xestor de DNS completo, servizo de parking, renovacións automáticas ou soporte profesional 24/7, entre outros servizos). Segundo informa a empresa, se estamos a pensar en rexistrar un domino, “esta é a nosa oportunidade”.
Na listaxe de promocións de Dinahosting para este mes de febreiro, para altas por un ano, atópanse as seguintes: Dominio .ME (para o noso blog persoal ou páxina web tipo portfolio, o que implica que teremos o noso currículo na web por nove euros ao ano), Dominio .STORE (para a nosa tenda de comercio electrónico, en palabras de Dinahosting “o dominio máis concreto e directo que imos poder atopar” e por un prezo de de 7,99 euros ao ano), Dominio .ONLINE (por menos de 7 euros ao ano, teremos un dominio de noso para buscar a meirande visibilidade na Internet, podendo promover en liña o noso proxecto: unha axencia de mercadotecnia, unha comunidade dixital, un ecommerce, unha escola) e Dominio .GAL (o primeiro dominio de primeiro nivel da Comunidade Lingüística e Cultural de Galicia, axúdanos a estar preto deste mercado e dos seus clientes, á vez que protexemos a nosa marca en Internet; o prezo é de 15 euros ao ano).
A maiores, Dinahosting completa o paquete de ofertas e promocións coa posibilidade de levarnos unha hospedaxe de balde durante tres meses, o único requirimento que se nos pide é trasladar o noso dominio dende outro provedor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?