Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha unha nova iniciativa dos OP de Lugo: Future Job Tools
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha unha nova iniciativa dos OP de Lugo: Future Job Tools

Redacción
Publicado: 12/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

orzamentos_participativos_luco_concello.jpgA concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico de Lugo, Ana Prieto deu a benvida este luns ás persoas participantes no Future Jobs Tools, un dos proxectos seleccionados ao abeiro dos Orzamentos Participativos, a iniciativa de acción pública aberta á implicación directa dos lucenses. A través de Future Jobs Tools, a veciñanza que queira dar unha viraxe á súa vida laboral poderá coñecer “as tendencias do mercado laboral marcadas polo progreso tecnolóxico e dixital da sociedade da man de especialistas”, explicou a concelleira.
lugo_segunda_proposta_orzamentos.jpgFuture Job Tools, en galego ferramentas laborais do futuro, é a segunda das 8 iniciativas de apoio e dinamización do emprendemento que pediu a cidadanía nos Orzamentos Participativos en arrincar. Consta de 3 obradoiros, que se impartirán entre os meses de febreiro e marzo, baseados na novela empresarial El Desafío de Yago, a secuela de La Aventura de Diana, unha referencia na aprendizaxe da innovación. O programa está especialmente concibido para estudantes universitarios e de ciclos formativos, mulleres emprendedoras, autónomos e PEME.
Segundo lembrou a edil, as propostas relacionadas co emprendemento e a innovación empresarial a través das diferentes facianas da transformación tecnolóxica supuxeron o terzo da campaña de participación cidadá que activou o Goberno. Xunto a Future Jobs Tools e o programa 3C de asesoramento personalizado, o Concello desenvolverá as seguintes accións co fin de implantar ou mellorar unha actividade empresarial a través das novas tecnoloxías, a innovación e a creatividade.
Estas son as propostas restantes que comezarán a materializarse os vindeiros días:
· Aprende a Medrar: trátase dun programa de consolidación empresarial establecendo estratexias para atraer cliente e mantelos no tempo. Celebrarase entre os meses de marzo e maio.
· Pílulas de coñecemento para emprendedores: proxecto a empresas xa constituídas, incluirá catro obradoiros sobre técnicas para mellorar o funcionamento e competitividade dos negocios.
· Estudo dun plan de accións para a transformación do barrio da Tinería, unha iniciativa que complementará a decisión do Concello de crear nesta zona “un viveiro de empresas a pé de rúa”, e que incluirá medidas en sete eidos: comercial; administrativo; educativo, docente e cultural; asistencial; deportivo; sanitario; e obradoiros de artesanía. O estudo desenvolverase entre febreiro e abril.
· Chatbot Learning: actividade dirixida a formar na aplicación da Intelixencia Artificial “de forma sinxela e práctica” a unha idea de negocio ou a unha empresa en marcha. Celebrarase en marzo.
· Lucus Raid, Emprende o Camiño: quince mozas e mozos con inquietudes emprendedoras, ao mesmo tempo que cobren a ruta xacobea, recibirán titorías individualizadas en materia de creación de empresas. A actividade celebrarase entre marzo e maio.
· Segunda edición da Feira de Nenos e Nenas Emprendedores, que busca fomentar o espírito emprendedor entre os máis pequenos. Celebraranse uns obradoiros previos no primeiro semestre do ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?