Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC e a Deputación de Lugo volven xuntar forzas para captar talento e fomentar a I+D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC e a Deputación de Lugo volven xuntar forzas para captar talento e fomentar a I+D

Redacción
Publicado: 13/02/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

De esquerda a dereita, Valcárcel, Méndez, López e Campos, no lugués Pazo de San Marcos
De esquerda a dereita, Valcárcel, Méndez, López e Campos, no lugués Pazo de San Marcos
A Deputación de Lugo vén de dar unha nova mostra de apoio á Universidade de Santiago, cuxo campus na cidade da Muralla é un referente en excelencia formativa e investigadora. Segundo veñen de informar as dúas entidades, a entidade provincial vai financiar con 350.000 euros o desenvolvemento de accións formativas, de divulgación, de emprendemento e de I+D. Amais, vanse impulsar accións para captar novo talento no Campus de Lugo.
Estes e outros datos foron dados a coñecer con motivo do convenio ratificado entre o reitor da USC, Antonio López, e o presidente da Deputación, Darío Campos, un acordo que “prolonga a xa estreita colaboración entre as institucións”, sinalaron, e que se materializou estes catro anos en cinco millóns de euros investidos da man da entidade provincial.
Na cita tamén participou a alcaldesa, Lara Méndez, quen lembrou que “o apoio das administracións políticas lucenses ao campus é total”, engadindo que a cidade universitaria lucense ten “unha vital importancia para a sociedade local, como o proba o feito de que a súa actividade está a xerar na actualidade un volume de negocio aproximado de tres millóns de euros”.
Pola súa banda, o reitor, Antonio López, que estivo acompañado pola vicerreitora de Coordinación do Campus, Montserrat Valcárcel, reiterou publicamente o agradecemento da USC ás institucións políticas luguesas polo seu “importante e xa dilatado apoio”.
O novo acordo de colaboración asinado entre a USC e a Deputación Provincial de Lugo para o exercicio académico 2018-19 contempla entre outras cousas un plan de bolsas para sufragar a metade dos gastos de matrícula de estudantes de primeiro curso en títulos de grao con problemas de demanda. Ademais desta medida, inclúense tamén actividades diversas para promover Lugo como como cidade universitaria, favorecendo a súa progresiva internacionalización. Neste punto, está previsto pór en marcha actividades que melloren o coñecemento e a capacitación da lingua inglesa tanto do colectivo docente e investigador como do resto do persoal do Campus de Lugo, a fin de favorecer así a captación de más alumnado internacional.
O apoio á realización das prácticas de campo do alumnado (actividades curriculares encamiñadas a potenciar a formación do alumnado de títulos de grao, e tamén dos universitarios sénior), constitúe outro dos cometidos recollidos neste convenio, a través do que a Deputación de Lugo habilita unha partida orzamentaria duns 40.000 euros para o mantemento e potenciación dos posgraos e mestrados impartidos pola USC no Campus de Lugo.
Amais, o acordo abrangue o impulso da docencia semipresencial e a distancia a través da implantación de equipamentos e servizos tecnolóxicos acaídos para, en palabras da USC e a Deputación, “atender e dar resposta á crecente demanda experimentada neste eido”.
Por outra banda, porase o foco no fomento da divulgación científica e académica e na captación de novos talentos, a través de iniciativas xa consolidades como o son A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, XuvenCiencia, DivulgaTerra, e tamén mediante a organización de congresos, seminarios ou charlas. O programa inclúe ademais importantes achegas económicas destinadas ao mantemento e á mellora das infraestruturas deportivas, docentes e culturais da sede universitaria luguesa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?