As Xornadas de Filosofía da Ciencia da Universidade da Coruña vanse centrar, o vindeiro mes, nos camiños que percorrerá no futuro a sociedade dixital. Este tema será tratado ao detalle polo director do Institute for Data Exploration and Applications e Tetherless World Professor of Computer, WEB and Cognitive Sciences no Rensselaer Polytechnic Institut de Nueva York, James Hendler, que será o responsable da conferencia inaugural, baixo o epígrafe O futuro da web. A edición 24 das xornadas celébranse no Campus de Ferrol os días 14 e 15 de marzo.
Previamente, o reitor da UDC, Julio Abalde, inaugurará os encontros xunto co coordinador dos mesmos, Wenceslao J. González, nun acto que será o día 14 ás 9:45h. Nesta ocasión, a temática xirará arredor de Internet e ciencia: análise desde a complexidade estrutural e dinámica.
A continuación da intervención de Hendler sobre o futuro da Sociedade da Información, falará o profesor da University of Massachusetts Lowell Yan Luo sobre o deseño de internet de máquinas e humanos para o futuro.
Segundo salienta a organización das xornadas, estas traerán a Ferrol a relatores do máximo nivel de universidades de Estados Unidos, Reino Unido, Tailandia, Noruega e España. A asistencia é libre previa inscrición. AUDC tamén salienta, no programa previsto de relatorios, intervencións sobre temas como a complexidade na construción de Internet, as tendencias na relación entre ciencia e Rede, observatorios de datos, plusvalía dixital ou a necesidade dun novo enfoque económica para a economía creativa na era dixital. Quen queira máis información sobre as xornadas pode visitar a web específica das mesmas.
As cousas que nos deparará Internet, ao detalle nas xornadas de filosofía da ciencia da UDC
Compartir Este Artigo

