Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os turistas poderán coñecer os mosteiros das Rías Baixas con visitas virtuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os turistas poderán coñecer os mosteiros das Rías Baixas con visitas virtuais

Redacción
Publicado: 14/02/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_pontevedra_20190213presentacion-guia-monasterios-4.jpgAs novas tecnoloxías fanse fortes no turismo pontevedrés, tanto para mostrar os atractivos da provincia, como para atraer visitantes, comunicarse con eles e mantelos no tempo. E mesmo para mellorar a súa experiencia. Onte mesmo a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou unha guía sobre a arquitectura eclesiástica da provincia, Mosteiros das Rías Baixas, que se complementa cunha nova liña de visitas virtuais a estes monumentos históricos. Estas iniciativas supoñen a estrea dun produto turístico que é a primeira acción, este ano 2019, do proxecto Fame de Experiencias da Deputación.
Respecto da guía Mosteiros das Rías Baixas, vén cunha tirada de 2.000 exemplares en galego, castelán e inglés, e recolle información sobre a historia, estrutura de construción, modo de vida, oficios, lendas e actividade económica dos seis conxuntos relixiosos máis importantes da provincia: mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro en Silleda, de finais do século X; mosteiro de Santa María de Aciveiro en Forcarei, de 1135; mosteiro de Santa María de Armenteira en Meis, de mediados do século XII; mosteiro de San Xoán de Poio, do ano 942; mosteiro De San Salvador ou San Benito de Lérez, en Pontevedra, de finais do século X e mosteiro de Santa María de Oia, principios do século X.
20190213presentacion-guia-monasterios-1.jpgA guía compleméntase coas novas visitas virtuais con gafas VR (Realidade Virtual) tamén aos mosteiros da provincia. Estas poden facer a través da web https://turismoriasbaixas.com. Segundo fixo saber a presidenta provincial, as lentes específicas están a disposición da cidadanía, de balde, nas oficinas do Palacete, do aeroporto de Peinador, do mosteiro de Armenteira e tamén dos Mosteiros de Carboeiro, Aciveiro, Poio, San Benitiño e Oia. Para a visita virtual, engadiu Silva, “o único necesario é un teléfono móbil, co que descargar un código QR ou ben visitar a web turismoriasbaixas.com, seleccionar o modo VR e introducir o móbil nas gafas; despois achegarnos ás lentes e facer a visita virtual, un verdadeiro percorrido polo mosteiro de Armenteira e de Carboeiro nestes momentos, porque a idea e ampliar a visita nos vindeiros meses aos demais”.
Volvendo á guía da arquitectura eclesiástica pontevedresa, cederase en préstamo nos mosteiros e poderase adquirir no castelo de Soutomaior ou na plataforma de venda castelodesoutomaior.com. A guía presenta lendas como as da Ponte do Demo do mosteiro de Carboeiro, Ero de Armenteira ou o oso de Oseira e historias como as loitas contra a piratería no mosteiro de Oia, as neveiras do Candán, o aceite milagreiro de San Benitiño ou as recollidas na biblioteca do mosteiro de Poio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?