Aínda que no Mobile World Congress de Barcelona Oppo quixo salientar os seus avances no 5G e nas súas cámaras para dispositivos móbiles, iso non quere dicir que o fabricante chinés estea alleo a unha das tendencias emerxentes, as pantallas flexibles, e a través de Weibo o seu vicepresidente, Brian Shen, está a amosar un prototipo de smartphone con pantalla encartable que que resulta extraordinariamente semellante o Huawei Mate X, polo que podemos entender que o dispositivo de Huawei podería enfrontarse a unha grande competencia nos vindeiros meses ao compartir factor forma con outros produtos de fabricación chinesa.
Non está claro que Oppo chegue a comercializar o dispositivo amosado, especialmente por mor do seu elevado prezo, pero tendo en conta que dende Xiaomi tamén amosaron hai poucas semanas un vídeo con outro produto na mesma liña podemos entender que os teléfonos con pantalla flexible van ser algo que exploren moitos fabricantes en 2019, optando por unha única pantalla, mentres que Samsung conseguirá diferenciarse por unha solución máis complexa na que a pantalla flexible non é a pantalla exterior que se emprega co dispositivo encartado.
Oppo está a traballar nun dispositivo moi semellante ao Huawei Mate X
Compartir Este Artigo
