Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense participa no goberno da rede de destinos turísticos smart
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense participa no goberno da rede de destinos turísticos smart

Redacción
Publicado: 06/03/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_ourense_rede_dti.jpgA Deputación de Ourense formalizou a semana pasada a súa integración nos órganos de goberno da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes (Rede DTI), que ten como obxectivo desenvolver un novo modelo de turismo baseado na innovación e na vangarda tecnolóxica. Esta participación activa na Rede da institución galega formalizouse en Madrid coa sinatura dun protocolo de actuación para o impulso e promoción da DTI no que tamén concorren o Goberno de España, a FEMP, SEGITTUR e outras administracións locais.
O acto de constitución dos órganos de goberno da Red DTI (nos que se inclúe á Deputación de Ourense) celebrouse na Secretaría de Estado de Turismo en Madrid, e contou coa presenza da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto. A finalidade foi vincular as diferentes administracións públicas e institucións a promover a conversión dos destinos turísticos de España en destinos intelixentes, impulsando a investigación e o desenvolvemento de novas ferramentas e plataformas turísticas.
Baltar cualificou de “impulso decisivo” para Ourense o feito de que a provincia forme parte dos órganos de goberno da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, “unha excelente plataforma de cooperación sobre intelixencia turística e o intercambio de experiencias e boas prácticas que nos permitirá seguir explorando novas iniciativas de sustentabilidade social e medioambiental, así como de financiamento e ferramentas de xestión e información, todo isto para ofrecer na nosa provincia, tradición, natureza, termalismo e historia, sempre cun marcado carácter innovador, como demandan os novos perfís do turista”.
Segundo dixo, a plataforma integral de turismo intelixente Hai un Ourense para ti. Descúbreo ofrecerá aos turistas un portal web avanzado de información turística e unha aplicación móbil de turismo da provincia, ademais dun planificador de rutas baseadas nos gustos dos usuarios. Tamén incluirá sistemas de Realidade Virtual; solucións de Realidade Aumentada, e experiencias inmersivas 360º con fotografías e vídeo. Este proxecto, que foi aprobado na convocatoria de axudas de Destinos Turísticos Intelixentes de Red.es, suporá para a provincia de Ourense unha inxección económica de tres millóns de euros, co-financiados aos 60 % polo Estado.
Para a consecución deste obxectivo, Manuel Baltar salientou o traballo realizado por Fernando Suárez, director da Área de Transparencia da Deputación de Ourense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?