Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ames achega unha longa listaxe de obradoiros informáticos para todas as idades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ames achega unha longa listaxe de obradoiros informáticos para todas as idades

Redacción
Publicado: 07/03/2019
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

ames_aula_cemit.jpgO Concello de Ames e a aula CeMIT local veñen de presentar un amplo programa formativo para esta recta final do inverno e o comezo da primavera: unha longa listaxe de cursos para todas as idades e para todos os niveis de coñecemento. As actividades xa comezaron estes días con diversas accións centradas na xuventude: un obradoiro sobre xadrez impartido por Alberto Dios (este venres pasado), un sobre o manexo de rato e o teclado destinado a menores de oito anos (estes luns 4), un sobre as técnicas de fotomontaxe para adolescentes) e dous (este mércores) sobre programación con Scratch. Segundo informou o Concello, en Semana Santa repetiranse boa parte destes obradoiros para quen non puidera acudir aos xa celebrados.
Desta maneira, recuncará o obradoiro sobre o manexo do rato e o teclado destinado a menores de oito anos o luns 15 de abril, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Tamén haberá máis talleres sobre programación co novo Scratch, no que os/as rapaces/as aprenderán as nocións básicas desta ferramenta de cara a facer unha actividade libre relacionada co entroido. O día 16 estará destinado para menores de 10 anos e o 17 os alumnos e alumnas serán os maiores desta idade. Ambas actividades realizaranse de 10.00 a 12.00h.
A aula CeMIT de Ames continuará en marzo a impartir o ciclo de introdución á informática, formado por tres cursos enfocados en achegar a informática aos adultos, dende o punto máis básico ata un uso máis avanzado de Internet. A primeira destas ensinanzas, impartida en febreiro, levou por título Iniciación á Informática e buscou introducir aos participantes no uso dun ordenador. A partir de aí, todos os martes, mércores e xoves do 7 ao 21 de marzo, impartirase un curso de Iniciación a Internet, no que se partirá dun uso básico do ordenador para introducirse na Rede, co obxectivo de sacarlle o máximo partido. Así, ensinarase a usar o navegador de Internet e os distintos buscadores, así como o manexar múltiples e útiles servizos na rede como prensa, radio, televisión…
O remate do ciclo virá co Curso de Iniciación ás redes sociais, a través do que os participantes poderán ver de primeira man as posibilidades que ofrecen redes sociais como Facebook, Twitter, Instagram ou Youtube. A devandita actividade realizarase do 26 ao 28 de marzo en horario de 10.30 a 12.00h, ao igual que os anteriores.
Asemade, despois dos obradoiros sobre o manexo do procesador de textos LibreOffice Writer, chega o momento de pasar ao manexo das follas de cálculo LibreOffice Calc. Así, do 7 ao 21 de marzo impartirase un primeiro curso das nocións básicas desta ferramenta, mentres que do 26 marzo ao 4 de abril terá lugar unha segunda parte na que se afondará nas súas posibilidades. Ambos obradoiros impartiranse os martes e xoves en horario de 18.15 a 19.45h. O ciclo pecharase cunha última formación centrada en como realizar presentacións co LibreOffice Impress, que se realizará os martes e xoves do 9 ao 16 de abril, de 17.45 a 19.45 horas.
Charla sobre a contratación de viaxes e a economía colaborativa
Co fin de dar a coñecer os dereitos que nos amparan cando contratamos e realizamos unha viaxe, un coñecemento que converte ao usuario nun consumidor/a responsable, conectarase a aula CeMIT local (a través de videoconferencia) coa Escola Galega de Consumo, o luns 11 de febreiro, de 12.00 a 13.00h, onde se desenvolverá unha charla sobre consellos para tomar certas precaucións á hora de deseñar as viaxes e conseguir unha boa experiencia en todos os sentidos. Ademais, a charla completarase cun achegamento ao concepto de economía colaborativa, e a análise dos diferentes servizos ofertados polas novas plataformas que nos últimos anos están a xurdir no mercado.
cartel_aula_cemit_marzo_abril.jpg Cursos para adultos
No mes de abril, impartirase un curso de iniciación para aprender a manexar o móbil intelixente. Así, os/as participantes achegaranse ao Android e poderán resolver todas as dúbidas que os e as asaltan sobre o seu uso diario. Para isto, afondarase no manexo da interface de Android e as súas principais aplicacións. A actividade impartirase todos os martes e xoves, do 2 ao 25 de abril, en horario de 10.30 a 12.00h.
Por outra banda, do 23 de abril ao 2 de maio, todos os martes e xoves realizarase un novo curso sobre a Administración Electrónica e as súas posibilidades. Así, buscarase “derrubar os variados problemas e dúbidas que un usuario se pode atopar cando decide converterse nun cidadán dixital”. Para iso, afondarase en todo o necesario para familiarizarse co emprego do DNI electrónico, os certificados dixitais, a Chave365, como acceder á sede electrónica do Concello de Ames e ao portal É-Saúde, entre outros servizos. O curso realizarase en horario de 18.15 ao 19.45 horas.
Exames EMA
Nos meses de marzo e abril tamén se realizarán exames EMA, que consisten nunha proba presencial que se precisa para acadar o diploma en determinados cursos de teleformación do Espazo Multimedia de Aprendizaxe CeMIT. Así, a primeira destas probas realizarase o venres, 15 de marzo, de 12.00 a 13.00h, mentres que en abril terá lugar o venres 12, en horario de 17.30 a 18.30 horas.
Exames CODIX
Ao longo de marzo abrirase a convocatoria para realizar o exame CODIX en modo teleformación. Os inscritos que resulten escollidos no sorteo terán que realizar ao longo de tres meses un curso online de aproximadamente 200 horas dende o Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA), o que lles permitirá presentarse ao exame.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?