Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As máquinas intelixentes terán protagonismo no Día da Enxeñaría en Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As máquinas intelixentes terán protagonismo no Día da Enxeñaría en Ferrol

Redacción
Publicado: 07/03/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

robotic-automation.jpgO vindeiro 15 de marzo imos ter na nosa terra innovación e ciencia a esgalla. Estamos a falar celebración do Día da Enxeñaría, unha xornada de portas abertas no Campus de Ferrol que ten o triplo obxectivo de cazar novos talentos, estimular capacidades e, tamén, mostrar o noso potencial investigador e desenvolvedor. O evento vén da man da Escola Politécnica Superior (EPS) e a Escola Universitaria Politécnica (EUP), en colaboración co Campus Industrial e o Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE) da Universidade da Coruña. Haberá accións sobre máquinas intelixentes, robótica e industria sustentable.
A cita será, o vindeiro venres 15 de marzo, ás 09:30 horas, no salón de graos da Escola Politécnica Superior. Esta nova edición do Día da Enxeñaría inclúe novamente visitas aos dous centros e máis aos seus laboratorios.
A EPS, en Esteiro, oferta os graos en Enxeñaría Mecánica, Tecnoloxías Industriais e en Enxeñaría Naval e Oceánica. Para que o alumnado de ESO, Bacharelato ou FP e o público en xeral coñeza máis polo miúdo estas titulacións, a dirección do centro porá en marcha as seguintes actividades: Buques e ondas: a canle de ensaios hidrodinámicos, Simulación de máquinas e vehículos e Robótica autónoma.
Pola súa banda, a EUP, en Serantes, na que se imparten os graos en Electrónica e Automática Industrial e en Enxeñaría Eléctrica, presentará tres actividades: A enxeñaría eléctrica, motor de cambio, Contrólao todo: a automática e a electrónica e Da automatización a Ligths Out Factory. A EUP está a traballar para implantar o que será o primeiro grado dual do Sistema Universitario Galego, no que o alumnado fará parte da súa formación nunha empresa, co Grao Dual en Enxeñaría Eléctrica.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Segundo informan as escolas organizadoras, os centros de ensino ou persoas interesadas en participar na xornada de portas abertas deberán enviar un correo cos seus datos persoais a oficina.campusindustrial@udc.es ou ben chamar ao 881 013 621.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?