Os televisores con acceso á Rede cada vez contan con máis funcións que permítenlles prescindir doutros accesorios para consumir contidos alleos á televisión tradicional, sendo Samsung o fabricante que máis está a avanzar nesta liña, e ao igual que no seu día tenderon pontes cos contidos televisivos de Movistar, agora fan o propio con Vodafone, de xeito que os usuarios de televisores Smart TV de Samsung (modelos a partires de 2017) teñen dispoñible a aplicación de Vodafone TV, que facilita o acceso a un amplo catálogo de contidos audiovisuais baixo demanda e a funcionalidades avanzadas (como poder ver unha retransmisión en curso dende o comezo e ter control do directo).
Os clientes da televisión de Vodafone poden asociar o servizo ata en 4 dispositivos diferentes (entre smartphones, tabletas, ordenadores persoais e televisores conectados) e reproducir contidos de xeito simultáneo ata en 2 dispositivos.
No que respecta a Vodafone podemos lembrar que Vodafone TV incorporou hai pouco soporte para Chromecast, facendo así máis accesibles os seus contidos baixo demanda; mentres que se volvemos a vista a Samsung tamén podemos mencionar que será o único fabricante que vai incorporar a aplicación de iTunes aos seus Smart TV, de xeito que sería a marca cun maior abano de contidos dispoñibles en liña.
Vídeo co que Vodafone anuncia a súa nova aplicación para televisores de Samsung
