Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AMTEGA achega ao I Foro Técnico da Civil UAVs Iniciative os retos técnicos do proxecto CPTi Primare
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AMTEGA achega ao I Foro Técnico da Civil UAVs Iniciative os retos técnicos do proxecto CPTi Primare

Redacción
Publicado: 08/03/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

foro_uavs_d0ltu9-xgae0vgb.jpgA AMTEGA como organismo impulsor do proxecto Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas, en colaboración coa Consellería de Medio Rural a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), participou no I Foro Técnico da Civil UAVs Iniciative para expor o seu proxecto e contribuír ao intercambio de coñecemento sobre cuestións técnicas relevantes.
Representantes dos adxudicatarios do proxecto CPTi Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas, impartiron dentro do programa unha sesión para compartir cos asistentes os retos da automatización dos controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC) mediante o uso de medios tecnolóxicos, e en particular, mediante o uso de medios aéreos non tripulados (UAV) e outros sistemas tecnolóxicos.
O I Foro Técnico da Civil UAVs Iniciative, organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e celebrado os días 6 e 7 de marzo no Aeródromo de Rozas (Castro de Rei) e a Escola Politécnica Superior da USC (Campus de Lugo), constituíuse como un punto de encontro científico e técnico de toda a comunidade involucrada no Polo aeroespacial de Galicia.

Retos técnicos: CPTi Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas

uavsgalicia_d1ehn4twsaewa81.jpgRepresentantes de Seresco, Insitu e Gradiant, adxudicatarios do proxecto contratado pola AMTEGA mediante Compra Pública de Tecnoloxía innovadora, expuxeron as vantaxes e sistemas que integran o proxecto, identificando así mesmo os retos técnicos aos que deberá dar resposta a solución na que están traballando.
En primeiro lugar, a solución inclúe a integración de distintas tecnoloxías para a captura de información xeográfica, territorial, e agraria relativa aos cultivos e ás parcelas e ao seu estado. Neste ámbito, o uso de UAV para a captura de imaxes de alta e moi alta resolución é fundamental para permitir a identificación de múltiples elementos sobre o terreo que permitan dar resposta aos distintos controis relativos ás axudas da PAC. En particular, permite a captura de fotogramas e ortoimaxes en espectro visible e multiespectrais, vídeos, imaxes 360º e imaxes oblicuas que ofrecen maior nivel de concreción respecto ás imaxes satelitais para solventar determinadas limitacións, como é o caso das zonas de sombra.
En segundo lugar, a solución emprega técnicas e modelos de análise e procesado da información capturada para a obtención de información útil para a toma de decisións nos procesos de inspección. Para iso, as adxudicatarias están traballando o adestramento de algoritmos de análise de imaxes baseados en técnicas de intelixencia artificial, recoñecemento de patróns e aprendizaxe de máquinas que permitan identificar de xeito automático parámetros de interese para os controis asociados ás axudas da PAC: usos do solo, tipos de cultivos, tipos de actividade, etc.
Finalmente, un sistema experto permitirá executar de xeito automatizado a inspección, comparando o declarado na solicitude de axuda coa información recollida en campo e integrando a información resultante en sistemas de xestión. Neste senso, tamén potenciarase a figura do agricultor activo proveéndolle de aplicacións móbiles de fácil manexo que lle permitan achegar, de forma rápida e sinxela, información de valor para o proceso de inspección que se traducirá nunha maior axilidade na realización destes controis.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?