Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra convoca os seus segundos premios de investigación e tecnoloxías Pontenciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra convoca os seus segundos premios de investigación e tecnoloxías Pontenciencia

Redacción
Publicado: 08/03/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pontenciencia.jpgEste 7 de marzo presentáronse en Pontevedra os segundos Premios de Investigación-2019 Pontenciencia Homenaxe á muller investigadora, dirixidos ao alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional do concello. Estes recoñecementos foron dados a coñecer pola concelleira de Educación, Carme Fouces, que dixo que son “o espazo reservado ao ensino de Secundaria de Pontenciencia”.
A Feira da Miniciencia-Pontenciencia terá lugar na Escola de Enxeñería Forestal do campus da Xunqueira, os días 31 de maio e 1 de xuño e neste marco entregaranse os galardóns. Será en toda regra un encontro para o espírito maker, a ciencia e tecnoloxía colaborativa e todo aquilo que ten relación con estimular o talento investigador e creativo da rapazada.
Pontenciencia, sinalouse, é un proxecto que ten como obxectivo desenvolver o pensamento científico e investigador e nel van da man o Concello, a Universidade, a FANPA e, colaborando cos premios, varias empresas pioneiras e na vangarda de Pontevedra: Hifas da Terra, Cristalería Pontevedresa, Orballo, Setga e Viaqua.
Na presentación dos premios Pontenciencia tamén participou o alcalde Miguel Fernández Lores, que estivo acompañado polo vicerreitor do Campus de Pontevedra, Jorge Soto; a concelleira de Educación, Carme Fouces; a coordinadora do xurado dos premios, Purificación Marcet e representantes de varias das empresas colaboradoras.
Segundo engadiron, os recoñecementos teñen como obxectivo promover a participación das mozas e mozos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos públicos ou concertados de Pontevedra e mostrar o traballo de investigación e desenvolvemento que se fai nas empresas. A investigación é de temática libre seguindo o método científico (tecnoloxía, ciencia, arte, videoxogos, redes sociais, fotografía,…) ou realizando un proxecto tecnolóxico (prototipo, maker, invento…).
A inscrición está aberta ata o 3 de maio. A presentación oral das investigacións para optar aos Premios de investigación 2019 Homenaxe á muller investigadora realizarase durante a celebración de Pontenciencia: 31 de maio e 1 de xuño. Toda a información está en educacion.pontevedra.gal/pontenciencia e no Facebook de Pontenciencia.
Pontenciencia é un proxecto que ten como obxectivo “desenvolver o pensamento investigador”, poñendo ao alcance da cidadanía un conxunto de ferramentas e actividades que proxectan “unha visión dinámica e atractiva da ciencia, a tecnoloxía e a innovación”. Este ano será a sexta edición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?