Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O campus sustentable da Deputación de Lugo madura unha ducia de proxectos innovadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O campus sustentable da Deputación de Lugo madura unha ducia de proxectos innovadores

Redacción
Publicado: 11/03/2019
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

campus_emprendemento.jpgUnha ducia de emprendedores comezaron hoxe a súa andaina formativa e innovadora ao abeiro dos obradoiros maduración de proxectos do Campus de Emprendemento Sostible da Deputación de Lugo, que arrincaron no Centro de Interpretación Terras do Miño (paseo do Río Rato) e que se van prolongar ao longo de catro xornadas. Segundo informa a Deputación, estas sesións gratuítas son a última fase para que as e os participantes poidan pór en marcha novas empresas na Reserva da Biosfera lucense (as xeiras formativas están dirixidas a persoas que xa teñen unha idea ou proxecto avanzado de negocio).
Dende hoxe ata o vindeiro 14 de marzo, os participantes recibirán formación especializada sobre viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira das súas ideas empresariais. A vertente máis teórica desenvolverase ata o mércores 13. A parte práctica celebrarase o xoves, co percorrido que os emprendedores realizarán ao longo de todo o día por distintos negocios de éxito establecidos en diferentes concellos da Reserva da Biosfera Terras do Miño, proxectos convertidos en realidade e que comparten o nexo común de impulsar prácticas que sexan respectuosas co medio.
Unha vez finalizado o Campus, os emprendedores contarán con titorías de asesoramento personalizadas, coas que poderán continuar o traballo iniciado, para poñer en marcha as súas ideas de negocio.
Motivación empresarial
O VI Campus de Emprendemento Sostible desenvólvese tanto en Lugo como en Cervantes. Os cursos de motivación empresarial terán lugar o 20, 21 e 22 de marzo (no Centro de Interpretación Terras do Miño), no Paseo do Rato; e o 25, 26 e 27 de marzo (no Edificio de Servizos Múltiples) en Cervantes. Son en total 30 prazas, 15 para cada seminario, para emprendedores que queiran recibir accións formativas teóricas e prácticas sobre como crear unha empresa en calquera dos concellos que integran as dúas Reservas da Biosfera.
Os seminarios versan como dixemos sobre motivación e maduración de ideas empresariais, centrándose tamén nas metodoloxías máis eficaces para que os proxectos tiren o máximo proveito das novas tecnoloxías (comunicación, promoción, difusión, distribución, busca e mantemento de clientes, etc). O obxectivo da Deputación é ofrecer á veciñanza emprendedora accións formativas e asesoramento individualizado, amais dun roteiro de visitas polos establecementos e empresas competitivas e sustentables da provincia, onde manterán encontros cos seus impulsores para compartir experiencias. A finalidade última é achandar o camiño para que o novo empresariado poida poñer en marcha os seus proxectos en calquera dos concellos que integran as dúas Reservas da Biosfera.
As actividades
Como se dixo, o Campus de Maduración Empresarial está dirixido a todas as persoas cunha idea de negocio. É un curso intensivo de catro días, que combina sesións teóricas con visitas a empresas e titorías individuais, unha vez rematadas as sesións. En canto á parte teórica, traballarase a maduración da idea empresarial de cada un dos participantes, analizando, por exemplo, a súa viabilidade comercial, técnica e legal a través da metodoloxía Canvas, o enfoque medioambiental con exemplos prácticos ou a viabilidade económico-financeira a 5 anos.
No que atinxe ao Campus de Motivación, encamíñase sobre todo a profesorado de centros educativos localizados na Reserva da Biosfera Terras do Miño, co fin de que imparta materias relacionadas co mundo da empresa, tales como economía, empresa e iniciativa emprendedora ou formación e orientación laboral. As sesións, que serán intensivas, están destinadas a ofrecer contidos, recursos e ferramentas sobre emprendemento para traballar co alumnado nas aulas.
26 empresas xeradas
As cinco anteriores edicións do Campus de Emprendemento Sostible supuxeron polo de agora, un total de 26 novas empresas na provincia e, en consecuencia, “a creación novos postos de traballo no conxunto do territorio lugués”, segundo lembra a Deputación. Entre as empresas creadas hai unha presenza notable das novas tecnoloxías, tanto nos produtos ou servizos a subministrar como na materia prima empregada polas propias empresa beneficiarias no seu día a día (comunicación, xestión, distribución).
Estas son as empresas: Pitas das Chas (Becerreá); D´Abella (Baleira); Terraminimum (Lugo); DulceMenta (Lugo); A Leira (Burela); A horta da Sancoveiga (Vilalba); Esther Fernández Díaz (Ancares); Nenea, medrar creando (Lugo); Avogar (Lugo); Bico de Grao (Lugo); PK3 Ingenieros (Lugo); Marmeladas Acea de Olga (Lugo); WiseKid Summer Camp (Lugo); Mel Casa Príncipe (Cervantes); Explotación Extensiva de Gando Vacún (Sarria); Abadía (Mondoñedo); Bufarda Arquitectura (Monterroso); Esmorga Eventos (Mondoñedo); Galimós: A nosa granxa de galiñas de Mós (Outeiro de Rei); M3 Aguas (Lugo): ingeniería ambiental; Tu alicate, tenda online de ferramentas (Becerreá); Dukaree Artesanía de la Calabaza (O Corgo); Centro Shalom (Lugo); Caserío Meiroi (Navia de Suarna); Elexes, más que electricidad (Lugo); Hotel Os Ancares (Becerreá).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?