Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O certame Pilabot resólvese con 44 toneladas de pilas e baterías recollidas nos colexios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O certame Pilabot resólvese con 44 toneladas de pilas e baterías recollidas nos colexios

Redacción
Publicado: 11/03/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pilabot_certame.jpgXa temos datos de participación ao abeiro da campaña de sensibilización ambiental Pilabot que impulsa a Consellería de Medio Ambiente para fomentar a recollida selectiva de pilas, baterías de todo tipo de dispositivos eléctricos e electrónicos e acumuladores portátiles entre a poboación escolar e as súas familias. A campaña, que tivo feitura de concurso, desenvolveuse entre o 26 de novembro de 2018 e o 11 de febreiro deste ano en 150 centros de educación primaria e secundaria de toda Galicia e que se saldou coa recollida de preto de 44 toneladas dos devanditos materiais.
Os centros gañadores do certame son o CEIP de Caión (A Laracha), o CPR Plurilingüe La Purísima (Ourense) e o CRA Amencer (Ribadavia). Estes tres colexios conseguiron as mellores cifras de recuperación nas dúas categorías nas que se dividía o concurso: quilos de pilas, baterías e acumuladores recompilados nos contedores dos propios centros; e cifras de recollida por alumno.
Máis polo miúdo, o Centro de Educación Infantil e Primaria de Caión levouse o primeiro posto en termos absolutos, xa que durante os dous meses e medio que durou a iniciativa recolleu un total de 1.382 quilos de pilas e baterías nas súas instalacións. Este colexio resultou galardoado por partida dupla, xa que tamén acadou a segunda posición na clasificación de quilos recompilados por alumno, cun total de 37 quilos por cada estudante.
O Colexio Plurilingüe La Purísima de Ourense ficou en segunda posición en canto a cifras globais de recollida, cun total de 1.115 quilos; mentres que o Centro Rural Agrupado (CRA) Amencer logrou as mellores cifras de material recuperado en relación ao seu alumnado: 65 quilos por estudante.
Os tres centros recibirán un recoñecemento económico que deberán destinar á compra de material escolar ou deportivo. Os primeiros premios de ambas categorías están dotados con 2.500 euros cada un, mentres que os centros que quedaron en segunda posición levarán como recompensa 1.250 euros.
A entrega de galardóns terá lugar no Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago, o 4 de xuño. A este acto acudirán representantes de todos os centros distinguidos e tamén o alumnado gañador do certame individual de fotografía artística #eusonpilabot, que se desenvolveu de forma paralela e co mesmo fin que o concurso de recollida de pilas. As gañadoras deste certame fotográfico, cuxas obras se deron a coñecer o mes pasado a través de Facebook tras elixir as mellores instantáneas de entre os 80 participantes, son Sofía Iglesias, estudante do CPI Castro Baxoi de Miño; Nadia Carballo, do CEIP Lamas de Abade de Santiago de Compostela; e Nerea López, alumna do CRA Amencer de Ribadavia.
A campaña
A campaña Pilabot, posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente coa colaboración dos xestores de Ecopilas, ERP e Ecolec, arrincou oficialmente o pasado 1 de outubro coa presentación e xestión das inscricións dos centros educativos interesados en participar. En total, 150 colexios de toda Galicia (53 da provincia de A Coruña; 15 de Lugo; 31 de Ourense; e 51 de Pontevedra) están adheridos a Pilabot para o curso 2018-2019.
Esta campaña incluíu como “actividade estrela” o dito concurso de reciclaxe de pilas, de forma que os centros participantes que conseguisen as mellores cifras de recollida recibisen un premio económico para a compra de material escolar ou deportivo. Fixáronse catro premios: dous, dotados con 2.500 euros cada un, para o centro escolar que máis quilos de pilas reunise e tamén para o que máis quilos recollese por alumno; e outros dous, de 1.250 euros, para os colexios que ficasen en segunda posición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?