Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O público do Carballo Interplay poderá ver 34 webseries de todo o mundo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O público do Carballo Interplay poderá ver 34 webseries de todo o mundo

Redacción
Publicado: 25/03/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

carballo_interplay_presentacion.jpgXa vai quedando menos para o Carballo Interplay, o festival bergantiñán de contidos dixitais e webseries que se celebra a vindeira semana. Hoxe celebrouse n consistorio a presentación da sexta edición do festival, na que se fixo fincapé na relevancia do certame a nivel galego e estatal: é o máis importante da súa temática nos dous devanditos niveis. Tamén se destacou a calidade da sección oficial (con referenciais webseries procedentes de todo o mundo: 34) e máis os esforzos postos para conseguir un programa ateigado de actividades: encontros, obradoiros, relatorios e espectáculos nos que “aprender e divertirse arredor dos contidos para Internet”.
Amais, púxose o foco no carácter accesible do Carballo Interplay, cuxas actividades son novamente de balde e de entrada libre para todos os seareiros (ata completar aforo) agás a formación e a programación profesional, para as que hai que inscribirse previamente.
O concelleiro de Promoción Económica da vila, Xosé Regueira, dixo que “grazas ao Interplay, o nome de Carballo é coñecido e recoñecido en moitos ámbitos e en moitas latitudes”. Pola súa banda, o alcalde da localidade, Evencio Ferreiro, abundou na capacidade do evento para conquistar ao público “de Carballo, de Galiza e de máis alá”.
Amais, a directora do Interplay, Sonia Méndez, explicou que na sección oficial do festival o público poderá ver unha selección de 34 webseries de todo o mundo e que, no programa de actividades, contarase coa presenza (por primeira vez en Galicia) das cómicas arxentinas Malena Pichot e Charo López, “referentes no sector dos contidos dixitais e no feminismo”, que son quen de congregar a millóns de seguidoras e seguidores nas redes sociais e que ofrecerán no festival un espectáculo “de humor con trazas de musical fallido”, Hermostra, o venres 5 de abril no Pazo da Cultura de Carballo.
Pola súa banda, María Yáñez, responsable de actividades do Interplay, recordou que o festival pon o foco, “unha vez máis”, nas mulleres creadoras. Por este motivo, xuntará tres nomes de referencia no audiovisual dixital, Anabel Lorente, Lula Gómez e Rocío Quillahuaman, que falarán de ata que punto a sororidade nas redes une e fai máis fortes a mulleres de todas as idades e de todo o mundo. Manuel Bartual e El Hematocrítico, a familia Prieto Flores ou David Sainz e Teresa Segura son algúns dos nomes propios que completan o programa desta edición.
Yañez explicou, tamén, que na súa sexta edición o Interplay seguirá a apostar pola creación de series web en Galicia a través de dúas das súas iniciativas: o Campamento Kamikaze que se desenvolverá dende comezos de semana en Razo e o Premio a proxectos de webserie en galego, cuxos finalistas déronse a coñecer hoxe mesmo. A comedia Válgame Deus! dirixida por Rubén Rodríguez e protagonizada por David Perdomo; a serie futurista Amnesia das novísimas Iria Iglesias, Natalia Porca e Irene Pin; a resposta ás fake news que propón A mafia da verdade, de Cristina Moreira; e a historia do peculiar millenial Xan, de Lucía Estévez e Miguel Canalejo, competirán no pitching público que terá lugar o xoves 4 no auditorio da Casa da Cultura de Carballo, perante o xurado formado por Sandra Lesta, Nati Juncal, Enrique Lojo e Xosé Regueira.
Amais, polo Interplay pasarán Marcos López, creador dunha das canles máis populares do Youtube en galego, Telejaita; Miguel Silva Conde, gañador do premio Youtubeir@s 2018 con Aquel-e; Laura Cruxeiras, que triunfa nas redes facendo cancións, humor e reivindicación feminista co dúo Branca e Tinta; o artista coruñés Edu Fernández, a medio camiño entre a videocreación, a parodia e a seriedade de calquera youtubeiro profesional que se fixo viral en 2015 con Chica de la Coru; a crítica feminista e queer Olaxonmario; a xornalista da TVG Alba Mancebo; e mais a actriz e presentadora María Mera, moi activa nas redes sociais, nas que se converteu nunha verdadeira influencer da maternidade. Tamén compartirán as súas experiencias na rede as actrices Lucía Regueiro, María Vázquez e Iria Sobrado, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?