Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O IGAPE presenta unha ferramenta de asesoramento a empresas ante o Brexit
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O IGAPE presenta unha ferramenta de asesoramento a empresas ante o Brexit

Redacción
Publicado: 26/03/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20190327_brexit_01.jpgO director do IGAPE, Juan Cividanes, presentou esta mañá a plataforma dixital posta en marcha pola Xunta de Galicia que ofrece ás PEME galegas interesadas diagnoses técnicas e personalizadas de cal é a súa situación e como deben actuar ante o novo escenario económico que se abre coa saída do Reino Unido da Unión Europea. Con esta ferramenta, o tecido empresarial galego poderá coñecer o impacto real do Brexit na súa actividade diaria.
Esta iniciativa quere contribuír a que as empresas poidan anticiparse e adoptar as medidas necesarias para converter un novo escenario económico nunha oportunidade. Ademais, a ferramenta permitirá planificar e elaborar plans de continxencia para mitigar os riscos derivados do Brexit.
A plataforma dixital facilita unha avaliación do impacto do posible novo contexto comercial ás empresas galegas en dous niveis, o da súa preparación actual ante o Brexit e o da súa dependencia comercial co país anglosaxón. A partir destes parámetros, a ferramenta analiza cada PEME en cinco dimensións clave: estratexia e modelo de negocio, fiscalidade e aduanas, marco legal, organización e persoas, e marco financeiro.
Ademais de proporcionar recomendacións específicas sobre cuestións clave en función da situación de cada PEME, este instrumento de apoio ao tecido empresarial galego amosa unha análise comparativa con respecto a outras empresas, así como indicacións globais para cada un dos sectores estratéxicos de Galicia.
20190327_brexit_02.jpgNa súa intervención, Cividanes lembrou que xunto con esta páxina web, as empresas van dispor en Galicia dunha oficina na sede do IGAPE, que ofrecerá un servizo de consultoría para as compañías que soliciten información sobre o escenario económico do Brexit. Engadiu que nos vindeiros meses se vai poñer en marcha outra oficina emprazada en Londres que atenderá as necesidades do tecido empresarial galego asentado no Reino Unido.
Cividanes salientou tamén que este destino debe seguir consolidándose como mercado relevante para o tecido empresarial galego e que a circulación de servizos e mercadorías entre Galicia e o país anglosaxón debe continuar en termos semellantes aos dos últimos anos. Nese sentido, resaltou a alta calidade e a diferenciación dos produtos galegos, que son os impulsores da presenza internacional das compañías da nosa comunidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?