Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo certifica a súa aposta por levar as TIC á gandería
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo certifica a súa aposta por levar as TIC á gandería

Redacción
Publicado: 02/04/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xornadas_do_millo.jpgEste martes inaugurouse unha xornada para axudar aos gandeiros e agricultores (e traballadores do sector primario en xeral) a integrar no seu quefacer diario as novas fórmulas de xestión, produción, comercialización e comunicación que permiten as novas tecnoloxías actuais. A cita arrincou coa presenza do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e do director do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), Javier Bueno Lema, que estiveron acompañados de Jesús Combarros, director de Abanca Agro. A xornada pon o foco nas tecnoloxías aplicadas ao ámbito da alimentación do gando.
Trátase dunha iniciativa que organiza o CETAL en colaboración coa Deputación, e que se desenvolve nas instalacións do Centro de Recría Gayoso Castro, en Ribeiras de Lea. Na inauguración, Campos Conde salientou o potencial de xeración económica e social do rural lucense, un potencial que está ser impulsado pola Deputación con iniciativas concretas como o Centro de Recría, que acolle hoxe en día máis de 700 animais de 50 explotacións lucenses e que se dirixe “a mellorar o sector lácteo, facelo máis competitivo e facilitar a vida dos profesionais do sector”. Tamén destacou os beneficios que porá en xogo a Granxa Experimental do Campus Terra, un proxecto “que deseñamos dende a Deputación en colaboración con Javier Bueno” e que será un centro de investigación sobre a produción leiteira ou a liña de recuperación de terras abandonadas, “coa que máis de 350 gandeiros da provincia recuperaron 1.900 hectáreas de terreos baldíos que hoxe están en produción”, explicou.
O presidente da Deputación tamén avogou por favorecer unha aposta integral polas TIC: “O impulso do tecido produtivo agrícola e gandeira pasa pola necesaria modernización das aplicacións, sistemas de xestión e a maquinaria agrícola, que permita avanzar ao sector, facelo máis competitivo e tamén, mellorar a calidade de vida dos produtores. Os novos programas informáticos e maquinaria que hoxe se presentan aquí van axudar a optimizar as producións agrícolas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?