
Segundo engaden dende o Goberno local, o autor compuxo unha pequena montaxe de clausura que salta a Youtube (con nome de Soñadores) a pouco máis dun mes do arranque dun novo Chanfaina que trae “numerosas novidades”. A principal será a súa duración da súa quenda oficial, do 3 ao 8 de setembro, ampliando a oferta de obradoiros pola semana que se veñen sumar á actividade do sábado e o domingo reservada para as rodaxes.
O vídeo achegado por Tizón serve como antesala do seu obradoiro en Chanfaina Lab, Editar coa mirada, que se celebra este sábado 3 de agosto no local social da Seara, en Ferreira. Trátase dun taller para amantes da fotografía en xeral no que, segundo o autor, “insistirase no valor da mirada, o resultado de fotografar como pensamos e a edición final”. A sesión durará desde as 10.00h. ata as 20.00h, “nun entorno tranquilo e de natureza”. A asistencia está limitada a 20 prazas cun prezo por persoa de 85€, incluído o xantar. As inscricións hai que facelas a través de info@gabrieltizon.com.
En setembro, máis Chanfaina
Como dixemos, o último vídeo do Chanfaina 2018 dá o chimpo á Rede cando xa comezou a conta atrás da edición 2019. Segundo informa o Concello, a totalidade dos detalles sobre esta nova convocatoria está practicamente pechada”, con 32 nomes confirmados de aquí e de acolá que acudirán á cita para mostraren outros puntos de vista de San Sadurniño, sexan documentais, ficticios ou experimentais”.
As datas serán as seguintes: do 3 ao 8 de setembro. Serán seis días dos que catro están reservados para obradoiros e outros dous para rodaxes. O martes 3 (de 16 a 20.00h) a realizadora e por dúas veces chanfaineira Sandra Sánchez ofrecerá un obradoiro sobre técnicas de montaxe audiovisual. O mércores 4 tocará un obradoiro sobre videoxogos e animación 3D dentro do programa TechKids que desenvolven a AMTEGA e o Colexio profesional de Enxeñaría Informática de Galicia. Esta sesión desenvolverase entre as 10 e as 14.00h., ao igual que a do xoves 5, cando a rapazada de 12 a 18 anos poderá entrar en contacto coa creación de apps para dispositivos Android.
O venres 6 achegarase un curso acelerado sobre fotografía 3D impartido polo experto Anxo Santomil (de 10 a 14.00h) e, a partir do serán, está previsto darlle a benvida aos creadores e creadoras que participarán no VI Chanfaina Lab gravando as súas curtas tanto na xornada do sábado coma na do domingo.
San Sadurniño ultima os detalles do seu novo (o sexto) Chanfaina Lab
Compartir Este Artigo

