A revista Wired está a dar conta dunha práctica supostamente empregada por ladróns nos EE.UU. que en moitas ocasións considerouse como unha lenda urbana, pero que algúns departamentos de policía confirman a súa existencia: o escaneo de sinais Bluetooth para localizar vehículos que conteñen produtos electrónicos para así roubalos.
Os roubos en automóbiles son bastante frecuentes nas grandes cidades estadounidenses, e aínda que normalmente as vítimas son vehículos nas que deixan cousas de valor á vista, hai ocasións na que un ordenador portátil debidamente agochado ou un smartphone poden rastrexarse grazas á localización do seu Bluetooth, para o que poden empregarse scanners específicos, pero incluso unha simple aplicación para o móbil, destinada para localizar obxectos perdidos no propio fogar, pero que tamén sos susceptibles de usos malintencionados.
Ante estas prácticas hai departamentos de policía alertando á poboación que desactiven o Bluetooth dos dispositivos que deixen nos seus vehículos para evitar que sexan vítimas dunha modalidade de roubo da que aínda non hai probas que confirmen que é habitual, pero da que existen evidencias da súa existencia.
Os ladróns poderían utilizar o Bluetooth para detectar trebellos electrónicos que roubar en vehículos
Compartir Este Artigo
