Dende o Departamento de Comercio dos EE.UU. teñen unhas 290 compañías que solicitaron excepcións ao bloqueo comercial a Huawei, e unha das empresas que tería conseguido tal licenza por parte do Goberno dos EE.UU. sería Microsoft, ou sexa, que a partires de agora Microsoft poderá volver vender software de xeito masivo a Huawei, finalizando un bloqueo absurdo que prexudicaba principalmente aos EE.UU., xa que os novos ordenadores persoais non poderían integrar Windows 10 e outro software da compañía de Redmond (como Office 365), reducindo o volume de negocio da empresa norteamericana.
Microsoft non realizou declaracións sobre a licenza outorgada, e continúa sendo unha grande incógnita se Google e Facebook recibirán un tratamento semellante, probablemente porque demostrouse que ese dano colateral é un dos factores máis relevantes nas negociacións comerciais entre China e EE.UU.
Microsoft volve vender software a Huawei
Compartir Este Artigo
