Aínda que a 5G non iniciará o seu grande desenvolvento ata o verán, durante 2019 houbo compañías que iniciaron probas piloto e algún lanzamento comercial puntual desta tecnoloxía, e aínda que mercar smartphones con 5G parecía anticiparse demasiado, dende Samsung sorprenden anunciando que colocaron xa máis de 6,7 millóns de smartphones Galaxy con 5G.
A compañía surcoreana asegura que a mes de novembro de 2019 teñen o 53,9% do mercado global de smartphones 5G cos seus terminais Galaxy S10 5G, Note10 5G, Note10+ 5G, Galaxy A9 5G e Galaxy Fold 5G, ou sexa, que habería máis de 12 millóns de móbiles 5G distribuídos a nivel mundial, pese a que aínda non teñen un prezo popular, polo que agora que se confían en que en 2020 vaian ter prezos asumibles é de prever que a incorporación desta tecnoloxía poida ser un bo argumento de venda, cando non se esperaba que iso fose así ata que madurase esta tecnoloxía. Estímase que os smartphones 5G pasarán do 1% das vendas globais de smartphones ata o 18% ao longo deste novo ano, o que suporá un grande pulo á adopción desta tecnoloxía de futuro.
Samsung tamén adianta que no primeiro trimestre do ano vai pór á venda en Corea do Sur a tableta Galaxy Tab S6 5G, que será a primeira do seu tipo a nivel mundial, presumindo de permitir realizar videoconferencias de alta calidade, ver contidos multimedia en liña e incluso correr xogos na nube en mobilidade.
Samsung puxo no mercado 6,7 millóns de móbiles 5G en 2019
Compartir Este Artigo
