Para animar a redescubrir España dende Google Arts & Culture presentan a exposición en liña Marabillas de España, creada en colaboración cos Ministerios de Industria, Comercio e Turismo e Cultura e Deporte de España e coa participación de máis de 110 institucións españolas sociais desta plataforma de Google, que neste ocasión pretende agrupar a grande riqueza cultual española con capítulos dedicados a lugares de interese, gastronomía, música, moda e natureza ao longo de máis de 150 reportaxes, percorridos virtuais e mapas interactivos, entre outras cousas.
Aínda que esta selección de contidos de Google Arts & Culture pode pecar de abordar principalmente os tópicos culturais e turísticos, non podemos deixar de salientar que ten un espazo para o Camiño de Santiago, abordado dende distintos ángulos, e ofrecendo tamén visitas virtuais ao Pazo de Xelmírez, ao Museo da Colexiata do Sar e ao Museo da Catedral de Santiago.
Google non esquece ao Camiño de Santiago nunha exposición virtual para redescubrir España
Compartir Este Artigo
