As sancións impostas por EE.UU. a Huawei endurecéronse a semana pasada, e aínda que non se deron moitos detalles ao respecto, comentábase que como consecuencia o fabricante chinés non podería continuar coa fabricación de novos procesadores Kirin e correría o risco de perder as actualizacións de Android en móbiles que tiñan os servizos de Google preinstalados por ter saído ao mercado antes do veto da Casa Branca, pero finalmente parece que non será así, e dende Huawei estarían a tranquilizar aos seus usuarios asegurando que os seus móbiles cos servizos de Google continuarán a poder empregar a tenda de aplicacións de Google e recibir actualizacións como ata agora. Tamén terían garantidas as actualizacións de sistema e os parches de seguridade (non así os saltos a seguintes versións de Android).
Actualmente hai numerosas compañías que piden a relaxación das sancións a Huawei, especialmente no que se refire a subministrarlle tecnoloxía, xa que o veto estadounidense está a supor un duro golpe para grandes fabricantes tecnolóxicos como Qualcomm, que perden así un importante cliente (lembremos que Huawei foi no último trimestre o meirande fabricante de móbiles a nivel mundial).
Aseguran que os móbiles de Huawei continuarán a recibir actualizacións
Compartir Este Artigo
