Spotify demostrou o seu compromiso co podcasting mercando as compañías Gimlet e Anchor o ano pasado, e agora van un paso máis adiante e reforzan os seus investimentos en publicidade para podcasts coa compra de Megaphone, unha das compañías de referencia na publicación de podcast e na súa explotación publicitaria.
A primeiros de ano Spotify estreou novas ferramentas publicitarias para podcasts, buscando que os podcasts poidan incluír anuncios aproveitando as posibilidades tecnolóxicas, posibilidade que agora abrirán tamén aos que publican podcasts a través de Megaphone, ou sexa, que achegarán a tecnoloxía de Spotify a terceiros, buscando así potenciar o podcasting.
Aseguran que a operación de compra de Megaphone por parte de Spotify pechouse por 235 millóns de dólares, e inicialmente non tería impacto sobre os podcasts publicados en Megaphone (máis de 5.500), que como única consecuencia terían a posibilidade de optar a unha nova tecnoloxía de inserción publicitaria.
Spotify merca a plataforma de publicación de podcasts Megaphone
Compartir Este Artigo
