Dende Google levan preto dunha década apostando por unha solución na nube para facilitar a impresión de documentos dende Chrome OS e dispositivos móbiles, o que resultaba especialmente práctico dende aplicacións como Gmail ou Google Docs, pero finalmente Cloud Print súmase aos moitos servizos aos que Google está a pór fin, e o vindeiro 1 de xaneiro xa non estará operativo este servizo de impresión.
Dende Google recomendan que os usuarios de Cloud Print migren a CUPS ou algunha das moitas plataformas de impresión de terceiros que gozan de soporte para múltiples sistemas operativos. De feito, que xurdisen numerosas solucións de impresión para Chrome OS é o principal motivo para abandonar Cloud Print, xa que consideran que o servizo subministrado por Google xa non é preciso.
Adeus ao servizo de impresión na nube de Google
Compartir Este Artigo
