No verán de 2017 o máximo responsable de Samsung, Lee Jae-yong, tivo que entrar na cadea tras ser condenado a 5 anos de prisión por suborno, malversación, perxurio e alteración de contas, pero en febreiro de 2018 conseguiu saír en liberdade tras unha apelación, e agora dende Bloomberg informan de que terá que retornar ao presidio por ser considerado culpable de suborno na repetición do xuízo inicial, quedando a condena en 30 meses de cadea.
Este feito non debería afectar ao funcionamento diario de Samsung, compañía familiar da que Lee Jae-yong é o principal responsable, pois actualmente hai numerosos directores en cada división da empresa, e a perda da liberdade de Lee Jae-yong só afectaría á toma de decisións a nivel estratéxico, como a realización de grandes investimentos.
Lee Jae-yong volverá á cadea
Compartir Este Artigo
