Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao avance da fibra óptica na zona histórica de Santiago de Compostela, as novidades de localización e xestión desenvolvidas por Situm e ao traballo do CITIC empregando a tecnoloxía para rachar barreiras de inclusión. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A Deputación de Lugo dinamiza o colectivo dos maiores na pandemia con novas tecnoloxías
– A educación dixital galega estenderase a 100.000 alumnas e alumnos
– Os centros educativos xa poden adherirse a Digicraft no teu cole-II
– Coñecemos as 20 empresas que participan no programa Connect-19, impulsado por GAIN
– Chega dende o Portal da Lingua un concurso para homenaxear a Xela Arias
– Contidos e webseries enchen as redes para mitigar as adversidades dos confinamentos
– Televés crea unha tecnoloxía que evita os falsos negativos en materia de COVID
– O presidente do CPEIG explícanos os detalles do futuro diñeiro dixital
– As empresas e institucións arrincan o ano cun novo menú de innovación galega
– As operadoras, as entidades públicas e as nosas universidades fan avanzar a 5G na nosa terra
– Compostela servirá de escenario de probas a un proxecto de taxis aéreos
