O peche da división de móbiles de LG non terá un grande impacto no sector dada a reducida presencia do fabricante surcoreano e, por fortuna, tampouco será grave para os consumidores que mercasen algún smartphone da marca nos últimos meses, xa que veñen de confirmar non só que manterán o soporte dos seus produtos dentro das marxes obrigadas por lei, senón que tamén continuarán a ofrecer actualizacións de Android para os produtos de máis alta gama.
Concretan que no caso dos móbiles LG G, V, Velvet e Wing comercializado a partir de 2019 recibirán 3 grandes actualizacións de sistema operativo, mentres que certos modelos como os LG Stylo e K recibirán 2 grandes actualizacións.
Con este tipo de anuncios LG busca non só tranquilizar a actuais usuarios dos seus produtos, senón tamén aos consumidores que vexan algún dos seus smartphones máis atractivos nas tendas, instándoos a adquirilos baixo o compromiso de que van recibir soporte da compañía durante anos.
Os móbiles de alta gama de LG recibirán ata 3 novas versións de Android
Compartir Este Artigo
