Microsoft anunciou hoxe a dispoñibilidade de Windows 11 a partir do 5 de outubro de 2021, data na que iniciará o despregamento gradual a través dunha actualización de balde que chegará aos equipos con Windows 10 que cumpran cos requisitos mínimos, así como tamén comezará a chegar preinstalado nunha ampla gama de ordenadores novos.
Windows 11 destaca polo seu novo deseño, que buscan dar un aspecto moderno, fresco e limpo; propón que o botón de inicio estea situado no centro da barra de tarefas; na barra de tarefas tamén integra o chat de Microsoft Teams e widgets (un novo feed personalizado que axuda a acceder a información relevante para o usuario); consegue un mellor desempeño en xogos grazas a DirectX 12 Ultimate, DirectStorage e Auto HDR; fai máis doada a organización do escritorio para empregar varias tarefas á vez; e renova de xeito profundo a súa tenda de aplicacións, que nos vindeiros meses incluso incorporará aplicacións de Android grazas á colaboración con Amazon e Intel.
O lanzamento de Windows 11 será progresivo, en aras da calidade da actualización, coa esperanza de que a mediados de 2022 todos os equipos con Windows 10 que cumpran cos requisitos mínimos esixidos desen o paso de actualizarse a Windows 11.
Dende Microsoft lembran que os equipos que non poidan actualizarse a Windows 11 continuarán a recibir soporte para Windows 10 até, como mínimo, o 14 de outubro de 2025; e tamén destacan que o lanzamento de Windows 11 tamén supón unha boa oportunidade para facerse cun ordenador novo.
Windows 11 comezará o seu despregamento o 5 de outubro
Compartir Este Artigo
