A aposta de Instagram polo vídeo de formato largo a través de IGTV confirma o seu fracaso unha vez máis, e tras aceptar vídeos en formato horizontal (cando a súa proposta pretendía ser o YouTube do vídeo vertical) e eliminar o botón que facilitan o acceso á aplicación de seu (actualmente abandonada), anuncian agora a combinación dos vídeos ordinarios de Instagram cos de IGTV, de xeito que nos perfís de usuario pasaremos a ter unha pestana dedicada a vídeos en xeral, e non en exclusiva para IGTV.
Deste xeito xa non teremos vídeos de ata 60 segundos por un lado e vídeos de ata 60 minutos por outro, senón que estarán todos mesturados, e publicaranse do mesmo xeito, aínda que no feed cando un vídeo é longo só previsualizaranse os primeiros 60 segundos (de xeito que hai que premer no vídeo para velo completo).
IGTV dilúese no resto de vídeos de Instagram
Compartir Este Artigo
