O Goberno local de Santiago vén de aprobar a licitación do servizo de oficina técnica do proxecto intelixente Smartiago, destinado a converter a capital de Galicia nunha Smart City: mellor xestionada e comunicada e máis sustentable. O Concello acordou abrir o procedemento de adxudicación correspondente, establecendo un tipo de licitación de 132.439,19 euros, IVE engadido.
Dende o Consistorio lembraron que o proxecto Smartiago é xa “un caso exitoso de Compra Pública de Innovación”, que supón o establecemento das bases para a construción dunha cidade intelixente sobre os criterios de eficiencia, adaptabilidade e replicabilidade. Con Smartiago, o Concello e a cidade de Santiago pretenden obter, despois do desenvolvemento das tecnoloxías que se leven a cabo, un conxunto de solucións tecnolóxicas innovadoras no ámbito das cidades intelixentes, encamiñadas a converter a Santiago de Compostela “na primeira iniciativa que busca eficiencia, máxima aplicabilidade e adaptación da I+D ás problemáticas das Cidades Patrimonio, de xeito que os resultados sexan altamente flexibles, evolucionables, eficientes e replicables noutras cidades ou contornas nas que o patrimonio histórico sexa un atributo distintivo.
O proxecto Smartiago desenvólvese en virtude a un convenio de colaboración da Línea FID (Fomento de la Innovación desde la Demanda) entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e o Concello de Santiago e está financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.
Tamén está co-financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) nun 10%.
Aprobada en Compostela a licitación do servizo da oficina técnica do proxecto Smartiago
Compartir Este Artigo

