Vodafone lanzará nos vindeiros meses unha solución para estender os beneficios da conectividade 5G real a fogares e empresas. Trátase de Hogar 5G. O lanzamento foi dado a coñecer no marco da MWC2022 Barcelona.
A través desta solución, os clientes da operadora poderán acceder a velocidades de ata 1Gbps e gozar das vantaxes que ofrece a tecnoloxía 5G de Vodafone sen perda de velocidade no interior do fogar. Ademais, permitirá conectar ata 35 dispositivos á mesma rede. Esta innovación da operadora baséase nun dispositivo autoinstalable que só require de conectividade á rede móbil de Vodafone baixo cobertura 5G.
A compañía explica que a tecnoloxía FWA 5G (Fixed Wireless Access), que fai posible este lanzamento, supón “un fito disruptivo no sector das telecomunicacións, xa que permite seguir ampliando a pegada de Vodafone no ámbito nacional como complemento á fibra, e ademais nas zonas onde xa hai despregadura de fibra, posibilitando que os clientes poidan elixir o tipo de experiencia que mellor se adapta a eles (fibra ou 5G)”.
Amais de polas devanditas vantaxes, este tipo de tecnoloxía tamén salienta pola facilidade na autoinstalación, “xa que practicamente só hai que enchufar o produto para que empezo a funcionar”, explica a operadora, destacando o devandito permite utilizar o produto nada máis compralo, sen ter que esperar a que chegue un instalador e sen ter que modificar a estrutura da casa. Trátase ademais dun produto que veu testado en modo piloto por clientes reais que, segundo reflicte Vodafone, testemuñaron que a experiencia de uso é similar á que teñen con fibra. Algunhas das vantaxes que máis valoraron os clientes son a rapidez e facilidade da autoinstalación, xa que practicamente só hai que enchufar o produto para que empezo a funcionar. Tamén valoran moi positivamente “a opción de levar esta conectividade a outra estancia dentro do fogar e a posibilidade de empezar a utilizar o produto nada máis compralo, sen ter que esperar a que chegue un instalador e sen ter que modificar a estrutura da casa”.
Este servizo estará dispoñible primeiro en 63 cidades de máis de 100.000 habitantes.
Vodafone lanza unha solución para levar as vantaxes da rede 5G a fogares e empresas
Compartir Este Artigo

