
30 casos de uso en Galicia
Pereira tamén lembrou que a posta en marcha do Plan Galicia 5G e o posicionamento da comunidade neste ámbito tecnolóxico contribuíron a que o Ministerio de Economía e Transformación Dixital concedese dúas subvencións ás propostas presentadas por Telefónica e Orange para realizar pilotos 5G en Galicia. “Estas iniciativas”, dixo, “sumadas ás impulsadas dende a Xunta, ao abeiro do Nodo 5G, suman 30 casos de uso desta tecnoloxía por un importe de 22 millóns de euros. E engadiu: “A día de hoxe o 70% destes casos de uso están completados e o resto na recta final”. Son usos innovadores desta tecnoloxía aplicados ámbitos como a atención sanitaria, a educación, na xestión de incendios, a industria, na automoción no audiovisual ou o turismo, entre outros. “O seguinte paso será a avaliación destes 30 casos de uso para ver as posibilidades de incorporalos á dinámica dos servizos públicos e dos diferentes sectores produtivos”, explicou Pereira.
Galicia, territorio 5G
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia tamén fixo saber que en Galicia conformouse un ecosistema e un contexto que favoreceu a aposta dos operadores pola nosa terra para desenvolver as súas iniciativas de 5G e que permitiu, por exemplo, que “foramos o territorio escollido para a primeira conexión 5G en itinerancia a nivel mundial ou que Vigo e A Coruña foron das primeiras cidades de España en contar con este tipo de redes”. Pereira explicou que a Administración autonómica fixo “unha forte aposta” para que Galicia aproveite as posibilidades do novo estándar móbil porque “esta é a tecnoloxía sen fíos do futuro, que permitirá as mesmas prestacións que a fibra e polo tanto é unha tecnoloxía clave para mellorar a conectividade nun territorio como o noso caracterizado pola dispersión e a complexidade orográfica”. Neste sentido, lembrou o compromiso do Estado, de acordo coas liñas establecidas pola UE, de lograr que en 2025 o 100% da poboación teña acceso a unha conexión de 100Mbps.
Mar Pereira salienta no MWC o papel protagonista de Galicia na extensión da 5G
Compartir Este Artigo

