A Cámara de Comercio de Santiago achega este 10 de marzo unha xornada formativa e divulgativa centrada na nova realidade empresarial que deixa o escenario post-pandémico, unha realidade moito máis envorcada na dixitalización e na transformación comercial que co inicio da crise do coronavirus. A xornada Ecommerce Internacional post-COVID. Estratexias e vías de apoio celebrarase o vindeiro xoves 10 en horario de 10:30 – 12:00 horas.
Abordaranse cuestións como as principais cifras actualizadas do comercio electrónico actual e exemplos de estratexias de mercadotecnia online de diferentes sectores (custos reais e leccións aprendidas sobre as principais plataformas), amais de amosar a posibilidade de participar en proxectos agregadores existentes para diferentes mercados. Asemade, presentarase o servizo personalizado de definición e execución de ecommerce internacional (estratexias individuais) adaptado ao programa Galicia Exporta Dixital, do que tamén se explicarán os detalles. Tamén está previsto que se dea a coñecer a iniciativa Quick Export como plataforma de distribución dixital, poñendo o xogo nas súas vantaxes e posibilidades con respecto a outras alternativas.
A realidade do comercio electrónico actual centra unha nova xornada da Cámara de Santiago
Compartir Este Artigo

