Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do Día das Rapazas nas TIC. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Entrevistamos a Juan Naya, formador de Vitae Consultores
– FIREPOCTEC impulsa respostas innovadoras contra os desafíos do cambio climático
– Sherpa do Mar remata a súa andaina lanzando ao mercado unha ducia de revolucionarias startups
– O CITIC reuniu a investigadores europeos para solucionar retos financeiros
– Os enxeñeiros en Informática da nosa terra celebran o Día da Internet co foco posto nos maiores
– GAIN lanzas a axudas á innovación de InnovaPEME e DeseñaPEME
– AMTEGA lanza varias medidas de choque para garantir o acceso universal á eAdministración
– AMTEGA e RETEGAL mellorarán a cobertura de telefonía móbil en 290 núcleos
– O CPEIG impulsa o museo virtual da informática
– A Deputación de Ourense e a UVigo cooperan para crear un laboratorio na ESEI
– A Rede é un fervedoiro de iniciativas contra as desigualdades e os machismos tecnolóxicos
– Balidea comparte con nós os seus principais fitos logo de vinte anos de andaina
– O Congreso esLibre desembarca en Vigo e a Maker Faire Galicia faino en Compostela
– Comezan as actividades (presenciais e online) para celebrar o Día das Letras Galegas
– O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo achegou o ano pasado 190 produtos dixitais
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
