Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC apoia a candidatura da Coruña como sede para a AESIA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC apoia a candidatura da Coruña como sede para a AESIA

Redacción
Publicado: 25/10/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

csa-dsc1394.jpgO Clúster TIC Galicia amosa o seu apoio á decisión tomada onte pola AMTEGA, tras a reunión mantida co Nodo Galego de Intelixencia Artificial (Nodo GalicIA), para que A Coruña sexa a candidata galega a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA).
“Trátase dunha decisión rigorosa, baseada en datos obxectivos, e consideramos que toda a comunidade se beneficiaría se finalmente Galicia resultase escollida como localización para a AESIA por parte do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital”, declara o presidente da entidade, Antonio Rodríguez del Corral. Neste sentido, sinala que as razóns do Nodo GalicIA para apoiar a candidatura da Coruña son as mesmas que sosteñen o proxecto da Cidade das TIC.
“Cremos que todos debemos apoiar ao máximo esta proposta para maximizar as posibilidades de que Galicia consiga a sede da axencia. Trátase de competir a nivel estatal e é preciso presentar a candidatura máis forte”, comenta Rodríguez del Corral, e engade: “O Clúster TIC tamén alberga no seu seo ás empresas tecnolóxicas das principais cidades galegas, e o feito de situar a sede da AESIA en Galicia, sería bo para o conxunto do sector”.
Neste sentido, a organización amosa a súa total disposición para aportar ideas, proxectos e capacidades de cara a contribuír a presentar a mellor candidatura posible para a localización da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial.

Efecto tractor

O presidente do Clúster cre que atraer a sede da AESIA a Galicia terá un efecto tractor relevante sobre entidades empresariais de alto valor, que poden atopar na Cidade das TIC un espazo idóneo e de alta calidade para establecerse.
Non obstante, Rodríguez del Corral deixa claro que “a asociación traballa para que o sector TIC medre en toda Galicia”, e sostén que a Cidade das TIC é un proxecto que se desenvolverá no conxunto da comunidade, poñendo como exemplo o centro de servizos avanzados Galicia TurisTIC, que abriu as súas portas o pasado mes de maio en Vilagarcía de Arousa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?