O grupo Mediapro lanzou Gol Mundial, unha nova plataforma de streaming que ofrecerá toda a Copa do Mundo de Catar do 20 de novembro ao 18 de decembro a través dun modelo de distribución que permite contratar todos os partidos do Mundial cun único pagamento de 19,99 euros e sen a necesidade de adquirir servizos adicionais con ningún operador.
Gol Mundial preséntase así como o xeito máis rápido, sinxelo e económico para que os afeccionados poidan gozar dos 64 partidos do Mundial, incluíndo tamén a plataforma coa súa subscrición unha canle de 24 horas dedicado integramente á Copa do Mundo, que emitirá en exclusiva os partidos das mellores seleccións, partidos históricos e contido de vídeo baixo demanda.
Os contidos de Gol Mundial estarán dispoñibles a través da súa propia aplicación oficial, que estará dispoñible para ordenadores persoais (Windows e MacOS), dispositivos móbiles (Android e iOS), televisores conectados (Samsung, LG ou con soporte de Chromecast) e tamén dispositivos con Android TV.
Vídeo promocional de Gol Mundial
