Unha entrevista organizada por The Wall Street Journal na que Joanna Stern conversa con Craig Federighi e Greg Joswiak, os directivos de Apple recoñeceron abertamente que os iPhone adoptarán o conector USB-C, asegurando que farán tal porque non teñen outra opción para cumprir cos regulamentos da Unión Europea, deixando claro que son reticentes a este tipo de medidas.
Joswiak chega a dicir que no pasado os lexisladores xa quixeron estandarizar os conectores micro-USB, que agora están considerados obsoletos, polo que non considera axeitado que os reguladores se metan neste tipo de cousas, aínda que parece esquecer que a Comisión Europea non elixe a tecnoloxía a utilizar, senón que insta á Industria a que opte por un estándar común, e desta volva Apple é o único grande fabricante que non adoptou o porto USB-C para os seus móbiles (cando si introduciu tal conector en tabletas e ordenadores portátiles), o que non é unha opción que beneficie de ningún xeito aos consumidores (de feito, o porto actual dos iPhone é infinitamente máis lento que os portos que utilizan os móbiles da competencia).
Cando menos agora temos unhas declaracións oficiais de Apple admitindo que os futuros iPhone contarán con USB-C, o que agradecerán os usuarios que non terán problemas para atopar cargadores compatibles case en calquera lugar que os precisen, en contraste do que acontece agora, que os iPhone teñen unha dependencia dun tipo de conector que é exclusivo, polo que non é doado de atopar (especialmente en mercados nos que os iPhone non teñen unha grande cota de mercado).
Apple confirma que os futuros iPhone terán USB-C
Compartir Este Artigo
