Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña celebra os repetidos apoios para converterse en sede da AESIA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña celebra os repetidos apoios para converterse en sede da AESIA

S. P.
Publicado: 27/10/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ines_rey.jpgO Concello de Coruña celebrou esta semana a información achegada polo Nodo Galego de Intelixencia Artificial, na que se situaba á cidade herculina como a máis idónea das galegas para albergar a que será a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA), apoios aos que sumou horas despois o Clúster TIC de Galicia e, previamente, a Cámara de Comercio da Coruña.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, amosou a súa satisfacción pola elección da Coruña como candidatura galega a acoller a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA). “Xa contabamos con que A Coruña era a cidade máis axeitada e así o ratifica agora o Nodo Galego”, indicou Rey, engadindo que “é unha boa nova que ten que culminar coa elección da Coruña para a sede da AESIA e o Goberno municipal seguirá traballando para conseguilo”.
Como lembraremos, o Executivo municipal convocou un pleno extraordinario o pasado día 21 para lles solicitar aos grupos o apoio á candidatura coruñesa e para demandar da Xunta o soporte para defender a proposta coruñesa. O pleno aprobou por unanimidade a proposta do executivo de Rey, que leva tempo traballando para que o relevante organismo nacional teña a súa sede na cidade.
A cidade mellor valorada
Segundo salientou a rexedora, “A Coruña é, polo seu tecido académico, empresarial e polos seus servizos, a cidade mellor valorada de Galicia, mais tamén é un referente nacional nas novas tecnoloxías e que por tanto cumpre con todos os requisitos para acoller a AESIA, dentro tamén dos criterios de descentralización do Estado que está a aplicar o Goberno central”.
O Concello ofertou como sede o edificio histórico da Terraza, un inmóbel de valor histórico e artístico que aspira agora a un novo uso. “Agardamos que a Xunta sexa capaz de defender a candidatura coruñesa fronte ao resto de cidades españolas que optan á AESIA”, indicou Rey.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?