O asistente de voz de Amazon, Alexa, dispoñible en smartphones, altofalantes Echo e moitos outros dispositivos conectados que poden controlarse mediante ordes de voz, vén de recibir unha importante actualización en España, de xeito que xa podemos elixir entre a súa voz orixinal (feminina) e unha nova voz (masculina).
Para poder mudar de opción de voz en Alexa chega con dicir en voz alta «Alexa, cambia tu voz», de xeito que pasa a estar activa a voz alternativa e, de repetir a orde, volveriamos á voz orixinal do asistente. Deste xeito os usuarios poden elixir a voz que consideren que lles resulte máis agradable para comunicarse verbalmente.
Alexa estrea voz masculina en España
Compartir Este Artigo
