Nas últimas horas numerosos usuarios de Instagram perderon o acceso á súa conta de usuario, aparecendo na pantalla da aplicación unha mensaxe indicando que se suspendera a súa conta por incumprir as normas do servizo, e indicando que para poder volver acceder a Instagram pódese iniciar un procedemento de apelación, pero realmente tratábase dun fallo nos servidores de Instagram, que devolvía unha mensaxe de erro incorrecta, provocando grande confusión.
Esta incidencia non só afectaba á identificación de usuarios, senón que a suspensión das contas era efectiva, de xeito que moitos usuarios de Instagram deron conta de que perderan usuarios entre os seus seareiros e seguidos, o que chegaron a pensar que podía tratarse dun borrado de bots masivo, pero que finalmente resultou ser este fallo técnico do que Meta aínda non achegou detalles, sendo probable que teña que ver cos cambios que están a realizar dentro de Instagram nos últimos días (por exemplo, a versión web vén de mudar radicalmente a súa interface, situando o menú superior no lateral dereito da pantalla).
ACTUALIZACIÓN: Non foi ata as once da noite cando se deu por solucionada a incidencia que provocou a suspensión de contas de Instagram.
