Os subscritores de Amazon Prime contan con algúns servizos incluídos na subscrición que normalmente ofrecen funcionalidades limitadas para incitar aos usuarios a contratar unha modalidade avanzada que precisa dun pagamento adicional, o que no caso de Amazon Music Prime supoñía contar con menos opcións e un catálogo musical limitado, pero as condicións do servizo veñen de mudar, e agora o catálogo musical sen anuncios pasa de 2 a máis de 100 millóns de cancións, aínda que mantendo a reprodución en modo aleatorio (contando tamén con listaxe de reprodución de acceso ilimitado), sacrificio que poden aceptar moitos usuarios que non demandan un grande control e prefiren aforrar os 9,99 euros/mes que cobran servizos como Amazon Music Unlimited ou Spotify.
Amazon Music Prime tamén ofrece podcasts sen anuncios. Temos así que Amazon gaña posicións no ámbito do audio, ao que tamén contribúe que comercialicen altofalantes Echo, que agora resultan moito máis atractivos, xa que poden empregarse para ambientar con música sen cargo adicional para usuarios con Prime, e tamén son moi prácticos para o control domótico.
Amazon Music Prime amplía o seu catálogo a 100 millóns de cancións
Compartir Este Artigo
