O meu PC é un novo espazo en liña que quere servir para divulgar e compartir coñecemento sobre aplicacións e o mundo da informática en xeral na nosa lingua, que leva un mes en activo publicando un artigo sobre un tema en concreto cada dous días, buscando así chegar aos 40 antes de rematar o ano.
A intención deste novo espazo web é facilitar a localización de información accesible, sinxela e en galego sobre o software que se instala nos nosos equipos informáticos, polo que a súa información está distribuída en categorías temáticas. Os contidos de O meu PC están dirixidos ao público xeral, non técnico, con poucos coñecementos en informática e aplicacións, que precisan afondar neste ámbito, aínda que cómpre advertir de que non debe tomarse o contido como unha fonte académica solvente (no momento de escribir estas liñas detectamos erros importantes, que fan dubidar das fontes empregadas para a elaboración do contido), senón como unha achega informal.
Os contidos de O meu PC están publicados baixo licenza Creative Commons, polo que poden distribuírse libremente.
O meu PC pretende achegarnos en galego ao mundo do software
Compartir Este Artigo
