Dende este venres e ata finais de mes Vodafone celebra o Green Friday, unha campaña para apostar por un consumo responsable dando unha nova vida aos dispositivos que non utilizamos a través do programa Vodafone Flex, que permite aforrar ata 580 euros entregando antigos dispositivos ao facerse cun modelo novo.
Entre as promocións máis destacables estarían o Samsung Galaxy Z Flip4 por 19,9 euros/mes durante 36 meses coas tarifas Vodafone One Ilimitada Dúo ou Vodafone One Hogar Ilimitable (o que supón un aforro duns 580 euros se entregamos o antigo móbil) e que inclúe 1 ano de seguro para o dispositivo; o Xiaomi 12T Pro poden adquirirse por 16,85 euros/mes durante 36 meses coas tarifas antes mencionadas (obtendo un aforro duns 340 euros se entregamos un móbil antigo) contando tamén cun seguro de 1 ano; o Samsung Galaxy Watch 5 40mm pode mercarse por 9,25 euros/mes durante 36 meses coas tarifas mencionadas (o que supón un aforro de máis de 60 euros); e o televisor Xiaomi A2 de 55 polgadas custaría 12,75 euros/mes durante 36 meses con calquera tarifa ilimitada (o que supón un aforro duns 190 euros se entregamos un móbil antigo).
Con Vodafone Flex tamén é posible adquirir a prazos (durante 24 ou 36 meses) produtos como un portátil Lenovo Ideapad 3 15 IGL, unha tableta Samsung Galaxy Tab A8, un televisor LG UQ751 4K, numerosos electrodomésticos de Xiaomi ou unha consola Nintendo Switch Neon, o que pode resultar atractivo para quen queira facerse cun destes dispositivos mediante un sistema de pagamento aprazado sen xuros.
Vodafone ofrece descontos ao entregar un móbil antigo ao facerse cun dispositivo novo
Compartir Este Artigo
