Dende hai uns meses R está a estender a súa solución de Internet rural (a través do chamado mambo Axiña) para cubrir arredor de 300.000 fogares galegos que non podían ter acceso á fibra óptica polas dificultades da orografía das súas contornas.
Así, R convértese no primeiro operador que lles dota dunha solución 5G converxente fixo e móbil a clientes sen fibra; e faino con vocación de levar esta proposta á maior parte posible de inmobles diseminados pola nosa xeografía en zonas de difícil acceso que vaian dispoñendo de conexións 5G en Galicia (ata o momento, máis do 70 % da poboación galega que se prevé sexa do 98% a peche do ano que vén).
Nestes momentos son xa 148 os concellos galegos que contan con esta solución de Internet rural de R, que por fin lles permitirá navegar a altas velocidades, como o fan xa 1,33 millóns de fogares cubertos coa solución excelente da fibra óptica de R. De feito, o operador galego leva 25 anos despregando fibra, rúa a rúa, no territorio, para dotar a comunidade das mellores infraestruturas de telecomunicacións e situala á vangarda europea e internacional en condicións de competir coas rexións máis avanzadas do mundo a calquera nivel.
A nova solución de Internet rural de R fundaméntase, por unha banda, na tecnoloxía 5G, cun router que permite conseguir velocidades de ata 150 Mbps, e, por outra, no sistema Wi-Fi 6, que facilita, por exemplo, unha experiencia multidispositivo excelente para conectar á vez distintos aparellos cunha latencia mínima, semellante á que terían cunha conexión de fibra.
Cando R complete a extensión de Internet rural en zonas de difícil acceso dos concellos galegos, a finais de 2023, poderase dispoñer das vantaxes da alta velocidade e das novas tecnoloxías na maior parte de Galicia, coa conseguinte redución da fenda dixital na comunidade.
Os concellos aos que xa chega a nova oferta de Internet rural de R son, por provincias, os seguintes:
– A Coruña (54 concellos): Abegondo, Ames, Ares, Arteixo, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, Carballo, Cariño, Carral, Cedeira, Cee, Coirós, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Melide, Miño, Mugardos, Muros, Narón, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Padrón, Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Sada, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Santiso, Teo, Valdoviño, e Vedra.
– Lugo (28 concellos): Barreiros, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Cervo, Chantada, O Corgo, Cospeito, A Fonsagrada, Foz, Friol, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pontenova, Portomarín, Ribadeo, Sarria, Sober, Vilalba e Viveiro.
– Ourense (21 concellos): Allariz, O Barco de Valdeorras, Beariz, Os Blancos, Calvos de Randín, Carballeda de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Lobeira, Maceda, Maside, Monterrei, Ourense, Piñor, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Toén, Verín, Vilamarín, Xinzo da Limia e Xunqueira de Ambía.
– Pontevedra (45 concellos): Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, A Cañiza, Catoira, Crecente, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
A cobertura móbil de R a través de distintas tecnoloxías pode consultarse vía web.
