O operador de telecomunicacións Digi está a facer balance do ano que remata, no que experimentou un grande crecemento, así como tamén comezou a explotar a súa rede de fibra óptica de seu na cidade da Coruña, onde tamén se estreou como patrocinador do Real Club Deportivo.
Concretamente Digi rexistrou máis de 890.000 portabilidades, o que supón un incremento do 26% respecto a 2021. Só en decembro conseguiu máis de 37.800 liñas netas de teléfono móbil e fixo (o que supón un incremento interanual do 9%) correspondendo máis de 29.600 portabilidades a liñas móbiles (o que supón un incremento interanual do 15%).
Grazas a este grande crecemento Digi conta xa con máis de 3.614.000 clientes de telefonía móbil, máis de 746.000 de fibra e máis de 249.000 de telefonía fixa segundo os datos da compañía relativos ao terceiro trimestre do ano.
Aparte de mellorar a súa cobertura de fibra, Digi tamén mellorou os seus produtos de telefonía móbil, apostou polo Wi-Fi 6 para os seus clientes de fibra, lanzou o servizo na nube Digi Storage (que ofrece 50 GB de almacenamento de balde para os seus clientes) e lanzou o Plan Digi&Friends a través do que os clientes poden recomendar o servizo de Fibra Smart a un amigo, o que traducirase nun desconto de 5 euros/mes durante 10 meses para ambos.
Digi rexistrou máis de 890 mil portabilidades en 2022
Compartir Este Artigo
